- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
As SS MM Os Reis Magos de Oriente ultiman os
preparativos para a súa chegada a Melide
Os Reis Magos de Oriente chegarán a Melide este xoves, onde
recibirán todos os correos dos cativos e cativas que queiran deixalos no
buzón real situado nos baixos da Casa do Concello. O día 5, a partires das
18.00 horas, as súas Maxestades ofrecerán a recepción real na Casa da
Cultura da vila.
03/01/2017. O Concello de Melide está ultimando os detalles para recibir aos
Tres Magos de Oriente que chegarán a Melide como ven sendo habitual coa súa
maxia o día 5 da tarde nas súas carrozas. A animación a pé de rúa dará
comezo a partires das 17.00 nas inmediacións do Cantón de San Roque a cargo
do grupo Hakunamatata para que os máis pequenos e pequenas da casa poidan
desfrutar de música e xogos agardando a chegadas das súas maxestades.
Os cativos e cativas que queiran, tamén poden descargar a súa carta aos Reis
Magos de Oriente premendo neste
enlace.
O percorrido será o mesmo que todos os anos, chegarán pola Avenida de Lugo,
cára o Cantón de San Roque, Avenida da Coruña e logo a recepción real será
na Casa da Cultura da vila, onde todos os nenos e nenas que así o desexen,
ordeadamente, coa axuda dos paxes reais poderán pedirlle persoalmente a cada
un dos tres magos os seus dexexos para a noite do día 5 de xaneiro, co galo
de que se fagan realidade. A partir das 18.00 h da tarde as Súas Maxestades
teñen previsto chegar ao centro da vila para posteriormente.
O buzón real estará a disposición de todos aqueles que así o necesiten na
Casa do Concello, onde poderán adquirir o formato de carta real para
facerlla chegar aos tres magos de oriente. En caso de choiva non se
realizará o percorrido e a recepción real será directamente na Casa da
Cultura da vila a partires das 18.00 horas da tarde aproximadamente.