Novas

Máis novas

O equipo Pub Mhyto proclámase campión da I Liga de Fútbol Sala do Concello de Melide

31/03/2022. A competición, que arrincou en decembro do ano pasado, contou coa participación de 7 equipos. Para José Prado, concelleiro de Deportes, o evento supón “un éxito”

MELIDE 31 de marzo de 2022.- O equipo do Pub Mhyto proclamouse campión da I Liga de Fútbol Sala de Melide rematada onte, 30 de marzo. Na competición, que arrincou o día 1 de decembro, tomaron parte un total de 7 equipos de Melide e da súa contorna. Tratouse do primeiro evento destas características para un deporte de ampla tradición local como é o fútbol sala.

Esta Liga, organizada polo Concello de Melide e coa colaboración de Club Melide F.S,  foi recoñecida polo seu carácter social e inclusivo pola Federación Galega de Fütbol Sala. É a única competición deste tipo amparada en Galicia pola Federación. A participación estivo aberta a todas as persoas que así o quixeron, independentemente do seu xénero ou idade.

O edil de Deportes, José Prado, amosou hoxe a súa satisfacción pola celebración do campeonato, que valorou como “un exito”, “con total normalidade e con plena satisfacción por parte dos xogadores de todos os equipos, que me transmitiron a súa ilusión por poder participar na Liga”. Para o Goberno local, é salientable o bo ambiente en que discorreu en todo momento a competición e cómpre valorala moi positivamente.

A vindeira semana dará comezo a Copa de Fútbol Sala, que se desenvolverá ao longo de tres xornadas de mércores e unha cuarta en fin de semana con partidos eliminatorios.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp