Novas

Máis novas

Melide acolle a XXVIII edición da Semana da Música

09/11/2017. Esta edición está adicada ao músico melidá, recentemente falecido, Xosé Domingos Fuciños, Mingos de Pita

MELIDE 9 de novembro de 2017.- A Coral Polifónica de Melide en colaboración co Concello de Melide organiza un máis unha nova edición da semana da música, e con esta xa van 28. Seguindo a tónica de anos anteriores as actuacións celebraranse na vindeira fin de semana e na seguinte, xa que son os días nos que se conta con maior afluenza de persoas na vila e polo tanto, son os elixidos para todas as actuacións.

PROGRAMACIÓN SEMANA DA MÚSICA

A Semana da Música comezará o sábado 11 de novembro coas actuacións de Froito Novo, Coral Polifónica de Sobrado e a Xuntanza de Acordeonistas Terra de Melide. O domingo 12 de novembro, subirán ao escenario da Casa da Cultura o grupo Pozo Pequeño, a Coral Polifónica de Santiso e Herba Grileira.

A terceira fin de semana do mes de novembro finalizarán as actuacións da Semana da Música. Comezará o venres 17 de novembro coas actuacións de Vide Preto, o Grupo da Catequese e Leirabuxo. O sábado 18, actuarán dentro da programación musical O Balado de Toques, Xoán e Irene e Os Melidaos.  Para poñer o broche de ouro a esta edición da Semana da Música, o domingo 19 de novembro, terá lugar no escenario da Casa da Cultural a actuación Miro Casabella e a Coral Polifónica de Melide.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convidaba a asistir e a participar das actuacións da Semana da Música da vila xa que “é un bo escaparate da música local e comarcal onde cada ano se soben ao escenario grupos de Melide e da contorna que nos lembran a riqueza musical que temos preto”.

SEMANA DA MÚSICA ADICADA A MINGOS DE PITA

A Coral Polifónica de Melide decidiu este ano adicar a Semana da Música a Xosé Domingos Fuciños, máis coñecido en Melide como Mingos de Pita, que faleceu no pasado mes de setembro. Mingos de Pita, foi un veciño que contribuíu en moitos eidos á vida cultural, musical, política e patrimonial da historia recente de Melide. O cantautor, Miro Casavella, amigo do falecido a artista convidado á Semana da Música este ano, homenaxeará a Xosé Domingos Fuciños coa súa actuación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp