Novas

Máis novas

Os usuarios do centro ocupacional de Melide celebran o Magosto

08/11/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón, participaron neste evento

MELIDE 8 de novembro de 2017.- Os rapaces e rapazas do centro ocupacional de Melide celebraron o Magosto. Foi unha xornada diferente na que a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón se achegaron ata o edificio Multiusos para compartir con eles esta data especial.

O alumnado do centro ocupacional de Melide realizou diversas actividades relacionadas cos productos de outono para degustalos despois na compaña dos seus compañeiros.

CENTRO OCUPACIONAL DE MELIDE

Ao Centro Ocupacional de Melide asisten homes e mulleres con deficiencias de tipo psicomotórico e sensoriais, de diversas características madurativas e de organización cognitiva. Na actualidade, conta con 12 alumnos e alumnas de diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas. Todos eles asisten ás actividades en horario de 09.00 a 13.30 horas de luns a venres. Son diferentes as disciplinas que se imparten no centro de xeito anual coma música, cociña, informática, alfabetización, obradoiros de diverso tipo ou natación.

Os usuarios realizan un numerosas de actividades tanto na propia aula coma fóra, participando en cada evento que se organiza dende o Concello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc..

 

stify:inter-ideograph'>Este sistema permitirá un acceso ordenado ás pistas de pádel, evitando así un uso desorganizado da propia instalación que “ía en detrimento deste servizo”, apuntaba a rexedora e engade que “grazas a esta iniciativa de aforro, as pistas de pádel só teñen luz cando se utilizan, favorecendo así o aforro municipal”.

 

Deste xeito, os usuarios que queiran acceder á calquera das dúas pistas de pádel cubertas teñen que adquirir o seu pase nas dependencias do Concello de Melide, onde unha vez feito o pagamento correspondente se lles achega unha ficha que utilizan como moeda para poder acceder ás pistas. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp