Novas

Máis novas

Curso preparatorio Celga no Concello de Melide

11/02/2021. O inicio dos cursos preparatorios será o 15 de marzo, sempre que a situación sanitaria o permita.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Melide convoca un curso preparatorio para as probas Celga 2021.

O Curso preparatorio que se impartirá no Edificio Multiusos, dará comezo o luns 15 de marzo , sempre que a situación sanitaria o permita. 

Ademáis do curso preparatorio do concello, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos Celga (ver DOG do 3 de febreiro de 2021). Os cursos da Xunta son tanto en liña como presenciais, sendo o prazo de inscrición de 15 día hábiles a partir do día seguinte a súa publicación (3 de febreiro).

Para inscribirse e máis información, poden contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Melide, no teléfono 981505003. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp