Novas

Máis novas

O Concello realiza melloras nun tramo do Camiño de Santiago en Santa María

08/01/2020. O goberno municipal tomou a decisión de realizar estas melloras, pese a non ser competencia local, debido aos profundos baches existentes no tramo do Camiño de Santiago que dificultaba o acceso dos veciños aos seu fogares

MELIDE 8 de xaneiro de 2020.- O Concello de Melide, resolve estes días os problemas de accesibilidade que levan sufrindo durante meses os veciños e veciñas de Santa María para poder entrar as súas vivendas.

Trátase dunha actuación de urxencia, derivada polo mal estado do firme do camiño, que impedía que a veciñanza poidese acceder aos seus fogares sen ter que esquivar os baches profundos cos seus vehículos pola estrada para poder entrar as súas vivendas.

O goberno municipal de Melide, tomou a decisión de destinar cartos das arcas públicas para poder subsanar os baches existentes e mellorar así a calidade de vida dos veciños da zona.

Dende o Concello apuntan que “pese a non ser competencia municipal o mantemento do Camiño de Santigo, senón que é autonómica, vímonos na obriga de actuar polo calamitoso estado deste firme. Dende a Mancomunidade de Concello do Camiño de Santiago, da que formamos parte, xa lle requirimos á Xunta de Galicia o arranxo destas deficiencias en setembro, pero non obtivemos resposta”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp