Novas

Máis novas

O Concello amosa a súa respulsa polos actos vandálicos do pasado sábado

04/12/2019. O Concello de Melide vén de amosar nun comunicado público a súa condena ao acto vandálico ocorrido sábado e que hoxe vén de facer público nos diferentes medios de comunicación contra a portavoz municipal do Partido Popular

MELIDE 4 de decembro de 2019.- O Concello de Melide condena rotundamente o acto vandálico ocorrido o pasado sábado pola noite contra o coche da portavoz municipal do Partido Popular, Dalia García, ao cal lle romperon a luna cun bloque de formigón para sustraer do seu interior as chaves do seu domicilio e tamén as da sede do partido político que representa na vila.

José Manuel Pérez, alcalde de Melide, en representación de toda a Corporación Municipal, expresa a súa condena ao acto acontecido e amosa a súa repulsa radical a quen amosa desprecio a un dos dereitos fundamentais do ser humano como é a liberdade e trata de acobardar ao conxunto da veciñanza.

Somos unha vila que cre na convivencia pacífica, na tolerancia, na liberdade e no respeto dos Dereitos Humanos, e é por iso que amosamos o noso rechazo a calquer tipo de manifestación da violencia e condenamos o acto acontecido do que foi vítima a nosa veciña Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp