Novas

Máis novas

Melide acolle un curso dirixido a coidadoras de persoas dependentes

05/09/2019. O Concello dende a súa Concellería de Política Social colabora coa Fundación Mujeres e pon en marcha un curso dirixido a coidadoras de persoas dependentes. Levarase a cabo os xoves entre o 19 de setembro e ata o 31 de outubro

MELIDE 5 de setembro de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Política Social levará a cabo na vila unha serie de talleres dirixidos a coidadoras de persoas dependentes.

Con esta formación, o Concello de Melide pretende ofrecer un apoio integral a coidadoras no medio rural. Trátase dun proxecto da Fundación Mujeres en colaboración coa Deputación da Coruña que levará a cabo diferentes accións e talleres encamiñados á mellora da saúde e da calidade de vida das coidadoras informais de persoas dependentes. Tal e como explica Carmen Liñeira, concelleira de Política Social “poñerase á disposición das participantes unha serie de ferramentas e apoios co obxetivo de minimar as problemáticas derivadas do coidado”.

Entre os aspectos que se traballarán nos diversos talleres atópase a saúde e o autocoidado, as relación afectivas, a maneira de xestionar posbiles conflictos que podan xurdir no día a día no coidado das persoas dependentes así como tamén se vai impartir un taller centrado na comunicación e nas habilidades sociais.

Os talleres serán totalmente gratuítos. Terán lugar no edificio multiusos situado na praza das Universidades en Melide todos os xoves en horario de mañá de 10.30h a 12.30h dende o 19 de setembro e ata o 31 de outubro. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 50 57 06.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp