Novas

Máis novas

Os usuarios do centro ocupacional do concello de Melide celebran o Magosto nas instalacións do Centro Multiusos

08/11/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón, participaron neste evento, que complementou as actividades relacionadas cos produtos de outono

Os rapaces e rapazas do centro ocupacional de Melide celebraron o Magosto. Foi unha xornada diferente na que a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón se achegaron ata o edificio Multiusos para compartir con eles esta data especial.

O alumnado do centro ocupacional de Melide realizou diversas actividades relacionadas cos productos de outono para degustalos despois na compaña dos seus compañeiros.

CENTRO OCUPACIONAL DE MELIDE

Ao Centro Ocupacional de Melide asisten homes e mulleres con deficiencias de tipo psicomotórico e sensoriais, de diversas características madurativas e de organización cognitiva. Na actualidade, conta con 12 alumnos e alumnas de diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas. Todos eles asisten ás actividades en horario de 09.00 a 13.30 horas de luns a venres. Son diferentes as disciplinas que se imparten no centro de xeito anual coma música, cociña, informática, alfabetización, obradoiros de diverso tipo ou natación.

Os usuarios realizan un numerosas de actividades tanto na propia aula coma fóra, participando en cada evento que se organiza dende o Concello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc..




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp