Novas

Máis novas

Melide acolle con éxito o I Campus de Porteiros no polideportivo da Martagona

26/06/2019. Foi durante a xornada de onte, cando Melide acolleu o I Campus de Porteiros que se celebrou no polideportivo da Martagona e ao que acudiron preto dunha trintena de participantes. Mon Barreiro, foi o encargado de coordinar o campus

MELIDE 26 de xuño de 2019.- Preto de 30 persoas participaron no I Campus de Porteiros que se celebrou na xornada da tarde de onte martes en Melide e que tivo lugar no pabellón municipal da vila, situado na Martagona.
Mon Barreiro, foi o encargado de coordinar este campus que terá varias sesións en vilas galegas e que onte fixo parada en Melide.
Acudiron participantes maiores de oito anos, e tivo lugar dende as 16.30h ata as 20.30h. Os asistentes recibiron un diploma acreditativo da formación impartida e un pequeno agasallo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp