Novas

Máis novas

A piques de rematar os traballos de cuberta lateral do polideportivo

12/06/2019. Quedan poucos días para que o polideportivo municipal de Melide estrene nova cuberta lateral. Trátase dun proxecto adxudicado no pasado mes de marzo en Xunta de Goberno Local e que a vindeira semana será xa unha realidade

MELIDE 12 de xuño de 2019.- Ultímanse os traballos de cambio da cuberta lateral do polideportivo de Melide, situado na rúa Martagona da vila.

A cuberta lateral da instalación deportiva atópase moi deteriorada polo paso do tempo. Xa con anterioriodade se executaron melloras na cuberta central que se verán reforazadas agora con este cambio da agora cuberta lateral, realizando así unha mellora integral de toda a cuberta do inmoble.

As obras consistiron na retirada da actual cuberta lateral para sustituila por unha de placas de politeurano así como tamén á renovación dos canalóns que completarán a reforma completa da cuberta. O orzamento total para a realización destas melloras é de 66.278,57 euros.  

A esta mellora da cuberta lateral, cuxos traballos se están levando a cabo estes días, únense outras actuacións que se executaron nos últimos tempos como o repintado das liñas da superficie do campo para os diferentes deportes ou a mellora da eficiencia enerxética da infraestrutura coa instalacións de lámpadas led.

O polideportivo municipal é utilizado ao longo de toda a semana e durante todo o ano por veciños e veciñas que se achegan á instalación para realizar a práctica deportiva co único parón do mes de agosto, onde se celebra o Campionato de Fútbol Sala. Este último evento deportivo leva máis de 30 edicións tendo a súa sede na vila e congrega a centenares de afeccionados en Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp