Novas

Máis novas

O Concello expón a lista do censo electoral de cara ás vindeiras eleccións

12/03/2019. Coa chegada inminente das eleccións xerais do 28 de abril, o Concello de Melide pon a disposición pública as listas do censo electoral para que a veciñanza poida coñecer se están incluidos ou non nesta lista e subsanar erros

MELIDE 12 de marzo de 2019.- O Concello de Melide ten a exposición pública dende o día de onte o censo electoral da vila de Melide para que os electores poidan comprobar a súa inclusión e subsanar posibles erros de inscrición.

O prazo para comprobar a inclusión no censo e solucionar os posibles erros será ata o vindeiro luns 18 de marzo.  A exposición das listas poderá consultarse na secretaría xeral do Concello de Melide, en horario de 9h a 14h de luns a venres.

O censo que votará o 28 de abril pechouse o 1 de xaneiro de 2019, e inclue as actualizacións ata o 28 de decembro de 2018. As persoas que actualizase os seus datos de empadroamento, por un cambio de domicilio dentro do municipio de residencia con posterioridade ao 28 de decembro, deben votar no seu domicilio anterior, polo que é recomendable consultar o censo todas as persoas que cambiasen de zona de residencia. É especialmente aconsellable que comproben a súa inscrición persoas que votan por primeira vez por ter xa cumpridos os 18 anos de idade ou a nacionalidade española.

Tamén é convinte que o fagan as persoas que estaban privadas do dereito de sufraxio activo por resolucións xudiciais de natureza civil, e que poderán votar ao entrar en vigor a Lei Orgánica 2/2018 do 5 de decembro para a modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral para garantizar o dereito ao sufraxio de todas as persoas con discapacidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp