Novas

Máis novas

Preséntase a modificación urbanística para incrementar o solo industrial

02/03/2019. O goberno local melidense vén de presentar o primeiro proxecto de avaliación ambiental que dará lugar á modificación das normas subsidiarias do planeamento urbanístico para dotar a Melide de solo co calificativo de industrial

MELIDE 2 de marzo de 2019.- O goberno local vén de presentar ante a Xunta de Galicia o documento que inicia os trámites da modificación urbanística necesaria para levar a cabo unha provisión de solo industrial no municipio. O documento engloba dúas alternativas: a alternativa 1 no que a provisión de suelo industrial se localizaría nos terreos próximos ao actual Parque Empresarial da Madanela, sendo que a proximidade constitúe un factor determinante nesta alternativa de xeito que o novo sector situase o máispreto do parque empresarial existente, dentro das posibilidades exploradas xa anteriormente pola circunscripción en zona afectada por Patrimonio Cultural e polo LIC Serra do Careón. Nesta alternativa 1 estamos a falar de 104.374 metros cadrados.

Sen embargo, ante a complexidade de actuar en zona protexida, o goberno melidense propón igualmente unha segunda alternativa,  que posúeunha superficie moito maior, de 325.667 metros cadrados  e ademáis, supón un cambio de estratexia na localización dos terreos urbanizables xa que se opta por levar adiante un polígono ata a periferia do núcleo urbano de Melide, ao carón da estrada autonómica AC-840. A inmensa potencialidadedesta alternativa é a inmediatez de acceso ao enlace previsto entre a estrada autonómica AC-840 e a autovía Lugo – Santiago, A54. A topografía é moi favorable sendo o terreo chan así como se englobarían enclaves industriais existentes.

Con este documento, destaca a alcaldesa de Melide, Dalia García, “segue a darse trámite ao xa iniciado no ano 2017 cos informes previos da Consellería de Medioambiente sobre as posibilidades reais de ampliación de chan industrial. Hai que recordar, que no actual parque existen 92 parcelas e que actualmente a pesares de que 21 están senedificiar e requeridas por XESTUR, non existe ningunha dispoñible para a súa venda. A presentación deste documento supón a culminación duntraballo de cooperación e de reunión técnicas cos responsables de industria, patrimonio, urbanismo e medioambiente co fin de achar a mellor solución e a máisrendible a futuribles para dotar a Melide de solo industrial que siga permitindo o seu cremento en proxectos innovadores”.

ZEC SERRA DO CAREÓN

Por outra banda, hai que recordar que durante o 2017 a DX de Patrimonio Cultural respostouao Concello de Melide sobre a posibilidade de ampliar solo industrial nasinmediacións do actual Polígono afectado íntegramente polo LIC Serra do Careón, onde a administración local proponía tres emprazamentos. Estudada a proposta e vistas as limitacións ambientais coñecidas, o actual documento que hoxe se presenta engloba as recomendacións feitas polos técnicos especialistas na materia. É por iso, que dende o Concello se exploran igualmente dúas alternativas ademáis de agradecer que dende a Consellería de Medioambiente se esté a elaborar hoxe en día un Plan de Ordenación de Recursos do ZEC Serra do Careón, cuestión que a alcaldesa de Melide, Dalia García, agradece co fin de reorganizar medioambientalmente os usos e as proteccións de toda a veciñanza afectada nas parroquias de O Meire, Piñor e Leboreiro, supoñendo así unha alternativa máis cara o desenrolo dun rural vivo e dinámico.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp