Novas

Máis novas

O Concello de Melide estuda as posibilidades de ampliar a fomación na vila

19/02/2019. A alcaldesa de Melide, Dalia García, amntivo na xornada de onte unha xuntanza de traballo para explorar novos eidos educativos na Comarca da Terra de Melide. Analizaron novas vías formativas para poñelas en marcha na vila

MELIDE 19 de febreiro de 2019.- A alcaldesa de Melide, Dalia García,  acompañada da xerente dunha empresa local de axuda a domicilio, achegáronse ata a Subdirección de FP da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co fin de analizar posibles vías de formación a implantar en Melide. Trátase da segunda xuntanza deste tipo á que acode a rexedora melidense, co fin de analizar en profundida as diferentes vías existentes e ver a viabilidade que pode ter a implantación en Melide de determinada formación.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía un bo balance desta segunda xuntanza na que “estou convencida de que pronto veremos os froitos despois de tanto traballo, xa que unindo esforzos conseguiremos proxectos que agardo que sexan ben recibidos polos veciños. A colaboración entre entidades públicas e privadas é fundamental neste eido así como tamén a análise pormenorizada do mercado laboral actual e futuro para tomar as mellores decisións para ofrecer diferentes vías de formación na nosa vila que repercutan positivamente na calidade de vida da nosa veciñanza”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp