Novas

Máis novas

Cotillón infantil para poñer o punto final á iniciativa Ocio Nadal Melide

28/12/2018. O Concello de Melide poñerá o punto final á iniciativa Ocio Nadal Melide cunha gran festa de fin de ano para os nenos e as nenas da vila. A cita será o vindeiro domingo, 30 de decembro no Palacio de Congresos e Exposicións

MELIDE 28 de decembro de 2018.- Ocio Nadal Melide, pechará as súas portas o vindeiro domingo 30 de decembro ás 20.30h. Aínda así, esa mesma tarde dominical, os espazos dos que consta este pequeno parque de atraccións abrirán as súas portas ás 16.30h para despedirse por este ano.

Como acontecía en anos anteriores, a maiores de toda a programación de Nadal,  o Concello de Melide deu continuidade este ano á iniciativa Ocio Nadal Melide.

Desenvólvese no  Pazo de Congresos e Exposicións de Melide, onde está instalada unha pista artificial de xeo, con coches eléctricos, inchábles, miniexcalextric e talleres de pintura. Un espazo de ocio dirixido ao público infantil nas tardes de ocio de Nadal. Este espazo está aberto dende o 22 de decembro, e será o próximo domingo, cando se despida cunha gran festa de fin de ano para os máis pequenos da casa. Así, con esta gran festa infantil os máis cativos e cativas darán a benvida ao ano cunha festa adaptada a súa idade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp