Novas

Máis novas

O Concello de Melide organiza unha viaxe a Santiago para patinar sobre xeo

26/12/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura e Deportes e dentro da súa programación do Nadal Cultural, organiza para o día 3 de xaneiro, o próximo xoves, unha viaxe a Santiago de Compostela para patinar sobre xeo

MELIDE 26 de decembro de 2018.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Cultura e Deportes, pon en marcha como en anos anteriores, unha excursión a Santiago de Compostela para que os máis cativos poidan patinar sobre xeo.

Trátase dunha actividade que se organiza dentro da programación do Nadal Cultural e que terá lugar o vindeiro xoves 3 de xaneiro. A cita será na capela de San Roque da vila ás 9h da mañá, onde os participantes collerán un autobús para desprazarse á capital galega.

Nesta viaxe poderán participar veciños e veciñas maiores de 8 anos de idade. Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto coa Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp