Novas

Máis novas

A actividade de Bule Melide reanudarase no mes de febreiro de 2019

21/12/2018. O programa deste ano finalizou en Melide cunha charla sobre o ictus impartida pola Asociación Sarela en Melide. O Concello de Melide iniciará o curso 2019 no mes de febreiro para os usuarios e usuarias de Bule Melide na vila

MELIDE 21 de decembro 2018.- Os usuarios e usuarias de Bule Melide remataron o curso 2018. Para iso, dende a Concellería de Igualdad e Benestar Social programouse unha xornada diferente na casa da cultura. Os participantes acudiron a unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido, impartido pola traballadora social da Asociación Sarela.

Durante esta xornada, os asistentes coñeceron máis polo miúdo as causas do dano cerebral adquirido, o ictus ou tramautismos, etc… tamén se deron consellos aos presentes sobre a prevención, a atención e a rehabilitación neste tipo de patoloxías.

Con esta actividade especial, o Concello de Melide finalizou para este ano o programa Bule Melide e volverá a reanudalo o vindeiro mes de febreiro xa do ano 2019.

Bule Melide é unha iniciativa que se pon en marcha dende o Concello de Melide cun programa de ximnasia adaptada ás persoas con enfermedades crónicas e do que son beneficiarios anualmente máis de cen veciños e veciñas.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “dende o Concello de Melide traballamos moito para garantizar o benestar dos nosos veciños en tódolos ámbitos, debido ao éxito que ten este programa que cada ano conta con máis participantes, ano tras ano vémosnos na obriga de organizar esta actividade. Son os propios veciños os que nos contan as melloras nas súas enfermidades crónicas que padecen grazas ao programa Bule”.

Bule Melide, que esta ano pasou a denominarse o antigo Bule con Alcer,  xa que pasou a ser financiado e organizado completamente dende as instalacións municipais, de aí o cambio do seu nome. Esta actividade é a que máis éxito ten das que se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide e na que participan cada ano preto dos cen veciños e veciñas. A actividade organízase dous días en terra, con accións en aula e un día en auga, con diferentes exercizos na piscina municipal climatizada.  A maiores das actividades específicas os participantes tamén realizan diversas saídas ao longo do ano así como acuden a charlas informativas sobre temas que teñen que ver coa súa saúde, mellorando así a súa calidade de vida.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp