Novas

Máis novas

Música para comezar a programación do Nadal Cultural en Melide

18/12/2018. O Concello de Melide puxo en marcha a programación do Nadal Cultural con música na casa da cultura. As actividades extenderánse ao longo de todo o mes de decembro e rematarán coa cabalgata dos Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro

MELIDE 18 de decembro de 2018.- O Concello de Melide abriu a programación de Nadal a pasada fin de semana con música na casa da cultura.

O sábado foi a cita para o concerto de “Europejska orquestra e a banda de música de A Coruña” , onde con gran afluenza de público, puidose gozar dunha proposta musical entre o folk e o jazz que comprendía unha viaxe a través de varios países europeos tendo como punto de partida as súas raíces folclóricas.

O domingo foi a quenda para as panxoliñas. Así, a Coral Polifónica de Melide, como xa nos ten acostumados puxo en marcha un novo concerto de panxoliñas no que compartiron escenario coa Coral Voces del Bierzo e a Coral Eixil de Cedeira. A casa da cultura ateigouse de xente  de todas as idades para escoitar tan tradicionais pezas.

OCIO NADAL MELIDE 2018

Como acontecía en anos anteriores, a maiores de toda a programación de Nadal,  o Concello de Melide dará continuidade á iniciativa Ocio Nadal Melide. Será no  pazo de congresos e exposicións de Melide, onde se instalará unha pista artificial de xeo, con coches eléctricos, inchábles, miniexcalextric e talleres de pintura. Un espazo de ocio dirixido ao público infantil nas tardes de ocio de Nadal. Este espazo poderá visitarse dende o 22 e ata o 30 de decembro en horario de 16.30h a 20.30h. Para o último día, o día 30, está preparada unha gran festa infantil de fin de ano para todos os que se acheguen ao palacio de congresos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp