Novas

Máis novas

O centro ocupacional celebran o día das persoas con discapacidade

03/12/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Igualdade e Benestar Social organizou para o Día das persoas con discapacidade unha xornada diferente no Centro Hípico Marco das Pías, para realizar actividades terapéuticas

MELIDE 3 de decembro de 2018.- O Concello de Melide, a través da Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, organizaron para a xornada de hoxe, Día das persoas con discapacidade, unha xornada especial para o alumnado do centro ocupacional da vila.

Así, os rapaces e rapazas que acuden no seu día a día a este centro, cuxa ubicación se sitúa no edificio multiusos de Melide, desprazáronse hoxe ata o Centro Hípico Marco das Pías, para participar nunha actividade terapeútica con cabalos. Nesta instalación, situada no concello veciño de Sobrado dos Monxes compartiron un día especial que incluiu actividades en grupo como o coidado dos cabalos, monta, paseo, visita ás cuadras e unha comida de confraternidade entre todos os participantes.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, acompañaron aos rapaces e rapazas do centro ocupacional da vila durante esta xornada diferente durante o día de hoxe. A rexedora melidense expresaba nun día como hoxe o compromiso do organismo local para garantir ás persoas con diversidade funcional e as súas familias unha atención axeitada.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp