Novas

Máis novas

O Concello pon en marcha unha aula de atención ás necesidades educativas

09/11/2018. O Concello de Melide, dende o seu departamento de Igualdade e Benestar, pon en marcha como iniciativa pioneira na vila unha aula de atención á diversidade e ás necesidades educativas. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns

MELIDE 9 de novembro de 2018.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Igualdade e Benestar, poñerá en marcha un proxecto pioneiro na vila que ten como obxetivo crear unha aula de atención ás necesidades educativas especiais e á diversidade na vila. A través deste servizo, ofrecerase apoio educativo a este alumnado, atendendo á diversidade do alumnado e ás súas necesidades e características individuais. Ao mesmo tempo tamén se oferta un servicio de mediación intrafamiliar e da familia coa escola.

O prazo para poder realizar a inscrición para participar nesta aula de atención á diversidade e ás necesidades educativas ábrese o próximo luns 12 de novembro. As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa ou en recibir máis información teñen que achegarse ata o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide en horario de 10h a 14h.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp