Novas

Máis novas

Comeza a campaña de recollida de cartón e papel entre os comercios locais

18/10/2018. O Concello de Melide pon en marcha unha campaña de recollida de papel e cartón, porta a porta, polos comercios locais. É unha maneira de incrementar a reciclaxe na vila e facilitar así este labor aos comerciantes melidenses

MELIDE 17 de outubro de 2018.- O Concello de Melide vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de papel e cartón para os comercios locais, que se complementará coas medidas de reciclaxe que se están poñendo en marcha dende o organismo local.

Serán os martes e os xoves os días nos que un camión da empresa concesionaria do lixo cando pasen polos diferentes comercios locais, facendo o servicio porta a porta.  A rexedora melidense, Dalia García, apuntaba que “gracias a esta medida melloraremos o coidado do medio ambiente retirando dos contedores azuis unha porcentaxe alto de cartón e papel creado polo comercio, sendo máis eficiente a recollida deste tipo de refugallos”.

“Con estas iniciativas o goberno local pretende incrementar o índice de reciclaxe tanto de envases lixeiros como de cartón instando tanto á hostalería como ao comercio local adherirse a estas iniciativas gratuítas que benefician ao conxunto da poboación en xeral ao tratarse de melloras no reciclaxe e polo tanto, no medio ambiente”, conclue García.

MÁIS DE 30 ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN XA NA CAMPAÑA HORECA

Por outra banda, e en materia de reciclaxe, o Concello de Melide xunto con ECOEMBES e a Consellería de Medio Ambiente teñen xa en marcha a campaña Horeca Hostalería na que están adheridos 34 establecementos hostaleiros.

Esta campaña ten como obxetivo mellorar na reciclaxe de enviases lixeiros nun sector, como é o da hostalería que ten un elevado índice de refugallos. Cada establecemento adherido, conta cun cubo amarelo de diferentes dimensións segundo as necesidades de espazo do local hostaleiro así como as necesidades de cada local en materia de volumen de creación de resiudos de envases lixeiros para posteriormente facilitar dita reciclaxe.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp