Novas

Máis novas

Novo espectáculo en Melide dentro da programación “Domingos en Familia”

20/09/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura puxo en marcha o programa “Domingos en Familia” con programación teatral para todos os públicos, funcións totalmente gratuitas na Casa da Cultura da vila no mes de setembro

MELIDE 20 de setembro de 2018.-  “Domingos en Familia” ese é o nome co que o Concello de Melide se refire a unha iniciativa pioneira que se pon en marcha neste mes de setembro dende a Concellería de Cultura para ofrecer alternativas de ocio para todas as idades en xornada dominical.

A próxima actuación dentro deste programa teatral familiar será o próximo domingo, co espectáculo “Os Fabulosos Cleaners” da compañía Malasombra Produccións de pompas de xabón para todos os públicos. Para despedir a programación de “Domingos en Familia” actuará en Melide a compañía Ghazafelhos, que presentará en clave de clown “Bon Appetit” o domingo 30 de setembro.

Todas as actuacións serán ás 19h da tarde, gratuitas, con apertura de portas trinta minutos antes de cada actuación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp