Novas

Máis novas

O Concello oferta un curso de inglés básico orientado á hostalería local

27/08/2018. O Concello levará a cabo en colaboración coa Mancomunidade un curso de inglés orientado á poboación en xeral que ten como público obxectivo á hostalería. O 12 de setembro, terá lugar unha charla sobre a Q de Calidade Turística

MELIDE 27 de agosto de 2018.- A Mancomunidade do Camiño Francés é unha entidade que entre as súas competencias está a de incentivar a mellora da calidade turística na hostalería vinculada á ruta xacobea francesa.

Así as cousas, o Concello de Melide verase beneficiado por unha serie de accións formativas entre as que destaca un curso totalmente gratuíto de inglés básico, preferentemente, orientado á hostalería local, sen embargo, aberto ao público en xeral.

Será  do 17 de setembro ao 28, con dúas horas cada día, con horario flexible para permitir a máxima rendibilidade deste módulo de formación.

Por outra banda, dita acción tamén se complementará cunha charla que terá lugar no mesmo Edificio Multiusos o vindeiro 12 de setembro ás18.00 h co fin de determinar cales son as variables que debe atender un negocio de atención ao público para conseguir o mellor calificativo de calidade e optar á “Q” de calidade turística de cara o vindeiro Xacobeo Galicia 2021.

O Concello de Melide, da man da súa alcaldesa Dalia García, insta a toda a veciñanza e público en xeral interesado a participar nestas accións formativas gratuitas e con docentes especializados que sen dúbida ningunha incrementarán o valor engadido de cada negocio.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp