Novas

Máis novas

Aprobada por unanimidade a exención do IBI gandeiro a vinte veciños de Melide

12/07/2018. O Pleno extraordinario celebrado durante a mañá de hoxe aprobou por unanimidade dos tres partidos políticos con representación no Concello de Melide a exención do IBI gandeiro para vinte veciños que o solicitaran previamente

MELIDE 12 de xullo de 2018. O Pleno extraordinario celebrado no Concello de Melide durante a mañá de hoxe aprobou por unanimidade dos tres partidos políticos con representación no organismo local a exención do Imposto de Bens Inmobles dun total de vinte veciños que xa o solicitaron previamente. Trátase dun trámite necesario, unha vez aprobado, a documentación será enviada ao departamento tributario de Facenda na Deputación.

Tal e como explica Dalia García, rexedora melidense, “supoñerá un aforro importante nos petos destes veciños ao eliminar a carga fiscal de moitos  gandeiros, un acordo que foi aprobado no Pleno de hoxe por unanimidade política”.

“Todas as persoas que queiran solicitar a rebaixa do IBI gandeiro e forestal para o vindeiro ano, terán que facelo ata o 31 de decembro de 2018”, finalizou a rexedora.

BONIFICACIÓNS DO 95% PARA O SECTOR PRIMARIO

O Concello de Melide aprobaba xa hai un ano unha medida de carácter fiscal en apoio do sector primario do municipio para facilitar a aplicación da bonificación máxima do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás explotacións gandeiras. Aprobaban aplicar unha bonificación do 95% do IBI aos inmobles destinados a actividades agrarias, gandeiras ou forestais co fin de apoiar ao sector primario do termo municipal. Dentro desta medida, compre salientar que cando a actividade sexa compartida con outros usos, non agrarias, nin gandeiros, nin forestais, a bonificación tan só será do 50%.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp