Novas

Máis novas

Concello e a Asociación Milli Riders asinan un convenio de colaboración

21/06/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de Emilio Gómez, presidente da asociación moteira de Melide Milli Riders, asinaron na xornada de onte un convenio de colaboración para a realización de diferentes actividades na vila

MELIDE 21 de xuño de 2018-. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada do presidente da asociación moteira de Melide, Milli Riders, asinaron na casa consistorial durante a tarde de onte un convenio de colaboración para a realización de diferentes actividades na nosa vila.

O Concello de Melide destinará neste ano 2018 un total de 4.000 euros para este colectivo, encargado de poñer en marcha  o Festival Motorock Milli-Riders que este ano chega a fin de semana do 29, 30 de xuño e 1 de xullo a súa sexta edición.

XUNTANZA DE TRABALLO

A alcaldesa de Melide e o presidente da asociación moteira, aproveitaron a sinatura do convenio para ultimar os detalles de cara á celebración do VI Festival Motorock Milli Riders que este ano terá como prato forte o concerto de Mago de Oz na noite do sábado 30 de xuño.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp