Novas

Máis novas

Melide acolle o monólogo Coleccionistas na Casa da Cultura

01/06/2018. Dentro da programación cultural do Concello de Melide, esta noite a Casa da Cultura da vila acolle o espectáculo de monólogos de Coleccionistas. Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay serán os protagonistas

MELIDE 1 de xuño de 2018.- Este venres, 1 de xuño, a obra “Coleccionistas” chega a Melide. A cita será ás 21:30 h na casa da cultura de Melide.

A historia da arte chega aos teatros e faino da man de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, os protagonistas de “Coleccionistas”, un espectáculo de comedia cargado de sorpresas.

Os espectadores de cada función converteranse por unha noite en afamados coleccionistas das mellores obras de arte, dispostos a participar nunha gran poxa. Pereiro, Digón e Romay, responsables de tan importante evento, encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista. Comedia e arte mesturaranse nun espectáculo irrepetible.

Toda unha divertida e exclusiva experiencia sobre a historia de arte que non te podes perder.  Venta de entradas en Tenda Muxica, Estanco Angarela e en Ataquilla.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp