Novas

Máis novas

Aprobadas melloras nas Cazallas e a construción dunha senda peonil

11/05/2018. A XGL, aprobou no día de onte o proxecto de senda peonil e mellora da pavimentación da parroquia das Cazallas. O Concello dá así resposta ás demandas dos veciños, cunha obra que ten un orzamento de adxudicación de 106.947,24 euros

MELIDE 11 de maio de 2018.- A Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte deu luz verde á adxudicación da obra “Proxecto da senda peonil e mellora da pavimentación das Cazallas”  despois dun “arduo proceso administrativo que por dificultades alleas aos Concello de Melide levou máis tempo do establecido. A obra foi adxudicada á sexta empresa de corenta que había”, explica a a alcaldesa de Melide, Dalia García.

Este proxecto, que ten un orzamento de licitación de 106.947, 24 euros, mellorará a pista de acceso ao núcleo das Cazallas pola marxe dereita da AC-840 en dirección A Coruña, xunto co acondicionamento do viario no lugar de Castro e Cabanelas.  Ao mesmo tempo que, dotará dunha senda peonil a zona, que é utilizada cada día por numerosas persoas para realizar as súas andainas ou practicar running.

Cun período máximo de dez días, a alcaldesa de Melide asinará o contrato coa empresa adxudicataria co fin de iniciar as obras coa máxima celeridade posible, despois de que “o proceso administrativo fose moi farragoso e dilatara os tempos, intentaremos executar as obras con rapidez para intentar prexudicar aos veciños o menos posible”, engade García.

Dende o Concello de Melide, alcaldesa Dalia García xunto coa Concellería de Obras xa mantiveron unha xuntanza coa veciños para explicarlles como se vai a levar a cabo este proxecto. A veciñanza coñeceu de primeira man o investimento que se vai a executar nesta parroquia. “Unhas obras necesarias- explica a rexedora- coa se mellorará o pavimento da parroquia moi deteriorado polo paso do tempo así como tamén coa construción da senda peonil incrementaremos a seguridade e a comodadide dos veciños que elixen esa zona para a práctica deportiva”.

Dende o goberno local foi a alcaldía xunto coa concellería de obras reuniuse de primeira man cos veciños para explicarlles “as melloras mantendo contacto directo con eles fin de que a información fose de primeia man nun investimento que está plenamente garantizado e que pretende incrementar as posibilidades de facer deporte nas proximidades ao casco urbano de Melide”




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp