Novas

Máis novas

Prata e bronce para as rapazas de Scene Ballet de Melide na final de Tarragona

07/05/2018. As mozas de Scene Ballet do equipo de Melide das Escolas Deportivas que se achegaron ata a final de Anaprode que se celebrou esta fin de semana en Tarragona. As catro mozas obtiveron recoñecemento ao seu traballo no escenario

MELIDE 7 de maio 2018.- Mozas de Melide integrantes do grupo Scene Ballet das Escolas Deportivas do Concello, participaron esta pasada fin de semana na final do Concurso Anaprode (Asociación Nacional para o Apoyo e a Promoción da Danza en España) en Tarragona, coa súa variación obligratoria individual de danza clásica de preparatorio 1.

Foron un total de tres xornadas, dende o pasado venres e ata onte domingo. As mozas melidenses Atenea Martínez e Marta Mosquera, que representaron o dúo River e Laura Sánchez e Mariña Ferreiro que amosaron ao público Way Down We Go. As catro bailarinas de Melide foron agasalladas con medallas de bronce polas súas actuacións.

Tamén a veciña de Melide, Marta Mosquera, levou a prata na coreografía Perfect. Por outra banda, e xa durante a xornada do domingo, Laura Sánchez, en categoría 3, consegiu a terceira distinción cunha peza de jazz.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp