Novas

Máis novas

Éxito de participación nas probas internacionais de cans de rastro de xabaril

09/04/2018. Melide acolleu durante esta pasada fin de semana as probas de rastro de xabaril que se enmarcan dentro das probas internacionais que a vila vai a celebrar durante este mes. A vindeira cita será a fin de semana do 20 ao 22 de abril

MELIDE 9 de abril de 2018.- Melide foi un formigueiro de cazadores durante esta pasada fin de semana. Chegados desde diferentes lugares de Galicia e España congregáronse no Monte Bocelo da vila para participar na proba internacional de cans de rastro de xabaril. A novidade este ano, que se celebran por cuatro ano consecutivo estas probas, é que se programaron para dous fins de semana.

Durante este pasado sábado e domingo, os participantes nas probas internacionais de cans de caza foron protagonistas da proba de rastro de xabaril. Dende moi cedo pola mañá celebráronse no Monte Bocelo, o pico máis alto da nosa vila.

Durante a proba do sábado os gañadores foron Manuel Buján de San Mamede de Ribadulla do Concello de Vedra que xunto co seu can Tibés, proclamáronse campións da proba. O podio completárono José Manuel Fontecabada co can Pirulo de Baleira e o terceiro José Quintela co can Class, de Castro de Rei.

No correspondente á xornada do domingo levouse a cabo unha proba de cans de rastro de xabaril para participantes locais, nos que os premios foron para José Gómez co seu can Lorán, de Antas de Ulla, o segundo para Víctor Mallo coa cadela Jara, de Betanzos, e o terceiro para Juan Varela co can Pancho de Palas de Rei.

Durante esta fin de semana tamén se procedeu a outorgar o recoñecemento de Maestro Montero da Terra de Melide a Luis de Oirán, referente en Galicia na modalidade de xabaril atraillado, quen se comprometeu difundir as probas internacionais que se celebran en Melide alén das nosas fronteiras.

As probas foron organizadas pola Sociedade de Caza da Terra de Melide, Tecor da Ulloa e Tecor A Xuntanza coa colaboración do Concello de Melide e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

MÁIS PROBAS INTERNACIONAIS

Por outra banda, a seguinte fin de semana que se desputen as probas serán os días 20, 21 e 22 de abril cando teña lugar os dous primeiros días o rastro de conexo, onde todos os días de optará a un CACT e o 22 tamén se celebrará o PAN (proba de aptitudes naturales) para os grupos 6,7 Spaniels e Retreviers.  O domingo día 22 de abril Melide acollerá a V edición da Copa de España de Rastro de Coello.

A GASTRONOMÍA DE CAZA, PROTAGONISTA

Este ano como novidade celebrarase paralelamente unha ruta de tapas chamada Cazatapas, onde os locais de Melide participan ofrecendo as súas creación con produtos de caza aos visitantes e Melide. Haberá tamén diferentes premios para os participantes e as tapas poderán degustarse durante dúas fins de semana do 13 ao 15 e do 20 ao 22.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp