Novas

Máis novas

Melide e as súas parroquias acollen os actos relixiosos propios da Semana Santa

23/03/2018. Melide e as parroquias celebran desde este próximo domingo os actos relixiosos típicos da Semana Santa. Misas, procesións e diferentes celebracións do Sacramento da Penitencia serán os actos centrais estes días na vila e nas parroquias

MELIDE 23 de marzo de 2018.- A vila de Melide encherase nos próximos días de multitude de actos coa intensa programación de Semana Santa. Organizada pola Unidade Pastoral de Melide, os oficios relixiosos e procesións darán comezo este domingo 25 de marzo coa celebración da xornada de Domingo de Ramos e os actos estenderanse até o próximo domingo 1 de abril.

Este domingo, celébrase o domingo de Ramos, onde os actos comezarán ás 10.00h da mañá en Campos e en Melide. Haberá misa ás 11.00h en Melide e nas Varelas, e ás 12.00h será a bendición dos Ramos en Melide e Liñares. Ás 13.00h celebrarase a misa en Moldes.

Xa pola tarde, durante a xornada dominical, ás 17.00h comezarán as misas en Santa María e ás 18.00h en Oleiros. Ás 19.00h celebrarase o Sacramento da Penitencia na vila melidense. Ás 20.00h terá lugar en Melide a misa da Cofradía da Soidade, onde se renovarán os votos dos Cofrádes e a imposición dos escapularios aos que se incorporan. O domingo de Ramos, non se celebrará a misa de 13.00h en Melide.

Durante a xornada do martes santo, terá lugar unha misa en Melide ás 20.00h da tarde e ás 20.30h a celebración do Sacramento da Penitencia, tamén na vila. 
Para o mércores santo, desenvolverase a Unción de enfermos en Melide ás 19.00h da tarde á que seguirá unha misa. Finalizarán os oficios desta xornada coa celebración do Sacramento da Penitencia ás 20.30h.

O xoves santo, un dos días centrais das celebracións relixiosas da semana santa, os actos comezarán ás 10.30h coa celebración dos Sacramentos da Penitencia e a Unción de Enfermos en Santa María. A continuación ás 12.00 h da mañá celebrarase o Sacramento da Penitencia en Melide. Xa pola tarde ás 16.30h terá lugar a misa da Cena do Señor en Santa María, ás 17.00 h en Furelos, ás 19.00 h en Melide e Os Ánxeles e ás 21.00 h celebrarase a hora santa.

O venres santo iniciarase os actos relixiosos ás 09.00 horas coa saída da procesión do Perdón e Rezo do Vía Crucis en Melide. Ás 10.00 horas, celebración do Sacramento da Penitencia en Melide. Ao comezo da tarde, haberá oficios en Santa María (16.30 horas) e en Furelos (17.00 horas).
O acto central desta xornada será a procesión do Santo Enterro en Melide ás 18.00 horas. A continuación, ofreceranse oficios relixiosos nas parroquias de Cazallas (19.00 horas) e Melide (19.30 horas). Finalizarán as celebracións do venres santo coa procesión da Virxe da Soidade en Melide a partires das 21.00 horas. No Sábado Santo, a parroquia de Melide acollerá a Vixilia Pascual ás 21.00 horas, ao igual ca o resto das parroquias.
Pola súa banda, o Domingo de Pascua encherase de misas con bendición de auga e de pan. Comezarán ás 10.00 horas en San Roque de Melide e nos Ánxeles, para continuar nas parroquias de Melide e de Os Ánxeles tanto ás 11.00 coma ás 12.00 horas. Ás 13.00 horas haberá misa solemne en Os Ánxeles e outra misa en Melide. Os oficios relixiosos continuarán ás 18.00 horas na parroquia de Santa María e finalizarán coas misas en Melide e nos Ánxeles ás 20.00 horas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp