Novas

Máis novas

Melide acolle esta fin de semana a edición de inverno do Mercamelide

15/02/2018. Un total de 15 stands participarán nesta edición. Celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións da vila, onde se poderán mercar artigos da temporada outono/inverno a prezos reducidos. Haberá actividades para os cativos

MELIDE 15 de febreiro de 2018.- A Feira de Oportunidades do Comercio Melidense, Mercamelide celebrará a súa vindeira edición os proximos 17 e 18 de febreiro. Son as datas elixidas para dar paso a unha nova edición da feira de oportunidades na que os establecementos melidenses poñerán á venda os seus stocks da temporada de outono/inverno. Mercamelide chega a súa edición número 21 e seguirá sendo a mellor oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.

A feira está organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila, ASETEM. A cita será como é habitual durante os dous días da fin de semana elixida de febreiro no Pazo de Congresos e Exposicións, onde a instalación se converte nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, xa non só  pola variedade de artigos a baixo prezo que se poden atopar, senón tamén pola oferta de ocio complementario e polo amplo horario de apertura, que en edicións anteriores era dende ás 11h da mañá e ata ás 20h da tarde.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Durante os dous días da feira haberá tres sorteos con vales de 500 euros que serán repartidos entre as persoas que merquen no Mercamelide. Para poder recoller o premio será necesario estar presente no momento dos sorteos que se celebrarán o sábado ás 19h e o domingo ás 14h e ás 19h.

Durante a xornada do sábado haberá actividades para os máis cativos dende ás 15h e ata as 19h, con touro mecánico e obradoiro de pizzas e mariontas.

Este ano como novidade todas as persoas que merquen na feira poderán degustar un chocolate quente xunto cun doce melidense, unha iniciativa coa que colabora a Asociación da Repostería Tradicional Melide Terra Doce.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp