Novas

Máis novas

Melide ofrece un curso preparatorio para superar as probas avaliativas dos Celgas

13/02/2018. O curso preparatorio comezará o 2 de abril terán cabida as persoas que quieran perparar os exames do CELGA nos diferentes niveis. O curso será impartido por Xaquín Vázquez, técnico de Normalización Lingüística

MELIDE 13 de febreiro de 2018.- O Concello de Melide, dende o seu departamento de Normalización Lingüística que comparte cos concellos de Santiso, Palas de Rei e Toques, organiza un curso preparatorio para a obtención dos Certificados en Lingua Galega (Celgas).

O curso dará comezo o 2 de abril e terá lugar no edificio Multiusos na súa aula CEMIT e será impartido polo técnico de Normalización Lingüística do Concello de Melide, Xaquín  Vázquez. En canto ao horario, aínda está por establecer xa que será decidido pola maioría dos asistentes ao curso preparatorio. A formación irá dirixida a todos os niveis do Celga 1, 2, 3 e 4. Para realizar os exames de certificación, o alumnado terá que acudir a un exame nos lugares nos que a Consellería de Política Lingüística marque, que normalmente adoitan a ser en centros de ensino das principais cidades galegas.

As persoas interesadas en preparar as probas para obter os certificados do Celga, terán que inscribirse no departamento de Normalización Lingüística do Concello de Melide en horario de mañá de luns a venres e en horario de tarde os mércores.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp