Novas

Máis novas

Melide, pioneria na Comarca ao sumarse ao protocolo “Doing Business Galicia”

01/02/2018. Esta iniciativa está promovida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e pretende a fixación de empresas no territorio melidense. Melide é o primeiro concello da Comarca que formará parte deste protocolo

MELIDE 1 de febreiro de 2018.- O Concello de Melide será pioneiro na Comarca ao adherirse ao protocolo “Concellos Doing Business Galicia” coa finalidade de fomentar a implación e fixación de empresas no municipio. Por esta razón, o grupo de goberno que dirixe a Dalia García, alcaldesa de Melide, presentará a modificación de diferentes ordenanzas fiscais relacionadas directamente coa economía local, de xeito que se poidan realizar bonificacións nos impostos ás empresas de nova implantación que creen emprego.

Aínda que o Concello de Melide posuía xa unha bonificación do 95% do ICIO para a implantación de actividades no polígono industrial A Madanela, ao longo do pasado ano 2017, tamén se bonificou unha actividade fundamental para o municipio como é a  agrogandeira así como o complexo de vivendas situado na rúa Cándido Paz Ares, que tamén se beneficiou dunha bonificación,  no vindeiro pleno do xoves 8 de febreiro, serán plantexadas outras bonificacións para o seu debate e aprobación de ordenanzas fiscais do IBI, ICIO e IAE.

Concretamente, entre outros asuntos de interese incluídos na orde do día se plantexará a modificación de tres Ordenanzas fiscais fundamentais para a facenda local. A Ordenanza fiscal número 1, e máis coñecida como IBI- será a terceira vez que se varía no mandato de Dalia García- será modificada. Esta vez a esta bonificación será dirixida a inmobles urbanos, nos que se leven a cabo actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por conconrrencia de circunstancias do fomento de emprego.

Por outra banda, tamén se modificará o Ordenanza fiscal número 3, a que se coñece como IAE, cun bonificación do 95%. E a terceira e última será a Ordenanza fiscal número 4, a coñecida como ICIO que terá unha bonificación do 95% nas circunstancias donde se concurra cun especial interese ou utilidade na creación de emprego. Estas bonificacións poderán ser de ata un 95% para a creación de máis de 20 postos de emprego e dun 75% entre 11 e 20 postos e ata un 50% por crear 10. Será indispensable manter os mesmos ratios de actividade e empregabilidade durante tres exercicios consecutivos.

O Protocolo Doing Business Galicia prevé asesoramento da Consellería de Economía e Facenda a través dunha oficina creada para tal efecto.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “coa adhesión a este protocolo o que pretendemos é ofrecer ferramentas para que as empresas se asenten en Melide creando postos de traballos que axuden a fixar poboación na nosa vila”. “Con esta nova acción, priorizamos absolutamente a actividade económica no noso territorio ofrecendo mellores oportunidades de implantación de empresas en solo melidense que cumpla coas características do Protocolo Doing Business, algo que levamos comprobado dende que negociamos con Xestur as baixadas de prezo no solo industrial con descontos de ata o 50% desde 2011”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp