Novas

Máis novas

O Concello de Melide apoia ao tecido asociativo da vila con subvencións que superan os 35.000 euros

08/01/2018. O Concello de Melide considera prioritario o apoio ás asociacións de carácter deportivo, social e cultural para que a vila continúe co dinamismo de actividades que a caracteriza

MELIDE 8 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide vén de aprobar en Xunta de Goberno Local máis de 35.000 euros que se repartirán entre sete asociacións da vila neste ano 2018. Son asociacións de carácter social, deportivo e cultural que se beneficiarán de varios convenios que xa están aprobados.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “con estas axudas pretendemos que a actividade social, deportiva e cultural da vila siga manténdose como o ven facendo ata o momento. Melide é unha da vila con moito dinamismo xa que nas fins de semana, nadal, verán, entroido e en datas marcadas enche as súas rúas de actividade”.

Dende o Concello de Melide recalcan que non é nada novo este ano, senón que “trátase dunha política que tamén reflexamos nas contas do pasado ano, onde se asinou coas diferentes asociacións da vila convenios para axudarlles económicamente para que poidan desenvolver as súas tarefas con maior solvencia”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp