Novas

Máis novas

O Concello de Melide estende a whatsapp o sistema municipal de información e avisos con InfoMelide

27/10/2022. O novo servizo municipal de información e avisos por whatsapp InfoMelide comezará a funcionar o venres 28 de outubro. O usuario só deberá solicitar a alta e gardar o contacto do servizo no seu teléfono móbil. Este novo servizo súmase á app móbil xa dispoñible, que tamén ten un sistema de avisos.

MELIDE 27 de outubro de 2022.-  O Concello de Melide continúa a apostar polo emprego das novas tecnoloxías para a comunicación en tempo real dos asuntos de interese para a veciñanza. Con este obxectivo, o venres 28 de outubro activará un novo servizo municipal de información e avisos por whatsapp baixo o nome de InfoMelide.

As persoas que desexen darse de alta neste servizo gratuíto tan só terán que enviar unha mensaxe de whatsapp ao número 689 05 83 93 coa palabra ALTA. A fin de recibir correctamente as notificacións, debe gardar o número de teléfono do servizo nos seus contactos.

Este servizo vén complementar o actualmente existente dentro da app móbil Concello de Melide, que tamén conta cun sistema de comunicación de incidencias e avisos. Xunto a outros elementos como os perfís en redes sociais ou o xornal “Melide en vivo”, constitúe unha aposta decidida do Concello de Melide por proporcionar á cidadanía información frecuente e transparente sobre as actividades municipais e sobre todos aqueles asuntos que poidan afectarlle. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp