Novas

Máis novas

O Concello de Melide colabora no "Mercamelide na rúa" que se celebrará os días 12 e 13 de agosto

02/08/2022. Participarán máis dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello de Melide, celebrará o venres 12 e sábado 13 de agosto o ‘Mercamelide na rúa’ en máis dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

Neste ‘Mercamelide na rúa’ participan 22 comercios de proximidade de diversos sectores que son: Noguerol Cociña e Baño, Toysmaniatic Melide, Pequeniños Zapatería Infantil, Mis Mejores Labores, Flor de Toxo, Perfumería Lyss, Stardemoda, Sueños Moda Infantil, Colorín Colorado, Romero Zapaterías, Tu Boutik, Modas Alfonso, Calzados Broz, Electrosan, Mercería Marvi, Shako Moda, Creacións MJ, M&M Moda, Diva Pro, Sisuka, Vilela e Magnin.

Durante os dous días que dura a campaña de oportunidades, o venres 12 e sábado 13, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na rúa’ será o habitual de cada unha de mañá e tarde. Ademais, cada tenda adherida a esta iniciativa contará cunha decoración especial, unha alfombra de cor violeta na entrada e folletos informativos cun mapa onde estarán marcados todos os negocios do ‘Mercamelide na rúa’ para que a veciñanza e visitantes poidan localizar con facilidade todos os comercios participantes.

O Concello de Melide colabora nesta campaña para dinamizar o comercio de proximidade da vila, favorecendo tamén nesta época do ano que turistas e visitantes teñan unha razón máis para achegarse ata Melide e descubrir todas as opcións e recursos turísticos da nosa Comarca.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp