A Alcaldesa
As comunicacións son hoxe a pedra angular do desenvolvemento de calquera territorio. Por iso, desde o Concello de Melide ofrecémosche esta fiestra aberta aos servizos que se xestionan desde esta administración local, pero tamén un convite a que pases e coñezas Melide.
Os alicerces desta web enraízan na crenza de que, involucrados na sociedade da información, os concellos deben achegar ferramentas áxiles de xestión para favorecer a tramitación de documentación e a consulta actualizada da información que che afecta como veciño ou veciña. www.concellodemelide.org busca así ser un camiño de ida e volta entre a administración que tes máis preto de ti e as túas necesidades como parte deste concello.
Mais este é tamén un recuncho por descubrir no interior do País. Para a xente que por vez primeira vos asomades a esta fiestra do Concello de Melide, propoñémosvos unha parada detida na que poidades coñecer a nosa historia, a pegada do Camiño de Santiago, os tesouros da nosa cultura gastronómica e a cobizada herdanza das nosas tradicións.
Benvidos e benvidas á páxina do Concello de Melide, do teu concello.
Mª Socorro Cea Vázquez
Alcaldesa de Melide
alcaldia@concellodemelide.org
Mª Socorro Cea Vázquez
Concello de Melide
Praza do Convento, 5
15800 Melide
Tfno: 981 50 50 03
Fax: 981 50 62 03
alcaldia@concellodemelide.org