Festas - Festas do San Roque

Foto fiesta

A principal cita de todo o ano desenvólvese no mes de agosto, coa semana grande das Festas do San Roque, que normalmente ten lugar entre os días 15 e 21 de agosto. Durante máis de sete días, a vila énchese de actividades culturais e musicais e a súa poboación chega, incluso, a triplicarse.

Foto fiesta

As actuacións das orquestras e de grupos musicais forman parte dos meirandes atractivos desta celebración. Para este tipo de actos, péchase a zona do Cantón de San Roque, en plena estrada nacional, que todas as noites queda ateigada de visitantes.

Durante o día ofrécense actuacións de bandas de música, pasarrúas e outro tipo de actividades para que grandes e cativos gocen das festas máis grandes de Melide. Para a celebración destes festexos hai unha comisión específica que se encarga de desenvolver toda a programación.